Thursday 16 de May de 2024

As participantes no programa “A Laracha Acolle” realizan un obradoiro de bo trato e autocoidados


As asistentes son mulleres de Marrocos, Paquistán, Ucraína e Colombia empadroadas no termo municipal da Laracha.

No concello da Laracha estase a desenvolver desde hai varios meses o programa A Laracha acolle, unha iniciativa dirixida ás persoas inmigrantes empadroadas no termo municipal -prioritariamente, ao colectivo das mulleres- que ten por finalidade a súa inclusión social e cultural.

Componse de dúas liñas de acción complementarias entre si, consistentes nun taller de alfabetización nas linguas oficiais de Galicia e no espazo de expresión e participación cultural Exprésa-T.

Dentro do espazo Exprésa-T, estase a realizar un obradoiro de bo trato e autocoidados que imparte SEDRA – Federación de Planificación Familiar, unha organización non gubernamental que traballa para que todas as persoas poidan exercer o seu dereito a decidir libremente sobre a súa sexualidade e reprodución. Os contidos que se traballan céntranse na anatomía e hixiene persoal xenital, o autocoñecemento e autocoidado do corpo a niveis interno e externo, a sexualidade e a saúde sexual.
Están a participar no obradoiro mulleres residentes na Laracha e de nacionalidades como Marrocos, Paquistán, Ucraína e Colombia.

A última das sesións está programada para levarase a cabo o próximo venres.